lunes, 13 de diciembre de 2010

Frase do día - Séneca

"Largo es el camino de la enseñanza por medio de teorías; breve y eficaz por medio de ejemplos." - Lucio Anneo Séneca

Tratarei de ter estas palabras do sabio estoico sempre en conta.

Internet

E como me entrou algo de morriña polo do GaliciaSkills daquel alumnado que tiven en Carballo, posteo un vídeo que me enviara un alumno cando andabamos cos traballos de LAN/WAN:

Galicia Skills 2010

Hoxe, en Santiado de Compostela, déronse os premios do Galicia Skills deste ano. En canto a rama de Informática, os alumnos participaban en dúas categorías:
  • Skill Nº17 - Deseño web.
  • Skill Nº39 - Soporte de rede.
No primeiro, o de deseño web, gañou un alumno do IES San Clemente chamado Gabriel Morales Rey mentre que no segundo, no de soporte de rede, e no que realmente tiña postos os meus intereses, gañou Ismael Castiñeira Álvarez. Digo que tiña postos os meus intereses porque este ano comecei dando clases no IES Isidro Parga Pondal e, por dicilo dalgún modo, tocoume darlle clase a este rapaz. A Ismael e tamén o alumno que quedou en 3º lugar, Michel Vila Gomes. Espero que eses recreos invertidos por nolos tres (bueno, comezamos 3 e acabáronse unindo o resto) en realizar cableado alomenos serviran para acadar o resultado.


Ás bases técnicas da proba atópanse aquí.

Alégrome moito por eles, xa que é a primeira vez que alumnos meus deciden participar nesta competición e, máis aún, que algún deles a gaña. E noraboa non só para Ismael senón tamén para Michel por ir alí e dar o mellor que puido.

Agora sorte en Madrid e a deixalo pavillón ben alto !!!